• Como buscar
  • Desde a páxina de inicio escriba o termo de busca e prema Ir. Pode seleccionar se desexa recuperar todos os rexistros ou so aqueles que conteñan texto completo.

    Imagen no disponible

    Unha vez dentro da páxina de resultados, pode limitar a busca a unha colección específica (Analíticas, Innovaciones, Investigaciones, Recursos e Revistas indizadas) e/ou utilizar filtros para refinala.

    Imagen no disponible

    Os filtros ofrecen a posibilidade de refinar a busca mediante:

    Imagen no disponible
    • Contén: inclúe o termo na busca.
    • Igual: realiza unha busca idéntica. Se non ten a certeza de como está introducido utilice o filtro Contén.
    • Non contén: exclúe o termo na busca.
    • Distinto: é o oposto de Igual.

    Os filtros dispoñibles son:

    Imagen no disponible
    • Título
    • Autor
    • Autor Corporativo
    • Responsable
    • Materia: busca en materias controladas (descritores) do Thesaurus Europeo da Educación (TEE) e tamén outras posibles materias, que adoitan ser nomes xeográficos, nomes de persoas ou entidades, períodos históricos e/ou cronolóxicos, así como outros nomes propios e posibles materias non dispoñibles no TEE.
    • Editorial
    • Data: de publicación.
    • Idioma: segue a norma ISO 639 para establecer os códigos de idiomas. Por exemplo "spa" para español, "eng" para inglés, "cat" para catalán, etc.
    • Título de revista: busca os artigos dunha revista determinada.
    • Nivel educativo: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Formación Profesional, Educación Superior, Educación de Adultos, Educación Especial, Enseñanzas de Régimen Especial, y Ámbito general.
    • Material-soporte: Carpeta, Casete, CD, Cinta VHS, Diapositiva, Digital, Disquete, DVD, Fichas, Folleto, Libro, Microforma, Multimedia, Revista y Transparencias.
    • Colección: Analíticas, Innovacións, Investigacións, Recursos e Revistas indizadas.
    • Tipo Documental: Innovación, Investigación, Tesis doctoral, Tesina, Informe, Trabajo fin de grado, Trabajo fin de máster, Congreso, Guía o manual, Monografía, Obra de referencia, material didáctico, Varios, Ponencia, Artículo de revista, Capítulo de libro.
    • ISSN
    • ISBN

    Ao comezar a escribir en cada un deles, móstranse suxestións relacionadas cos datos existentes. Seleccióneas e engádaas pulsando Aplicar.


    Imagen no disponible

    Pode engadir ou eliminar filtros a través dos botóns + – que aparecen á dereita do cadro de busca.


    Tamén pode eliminar filtros premendo na etiqueta que se visualiza debaixo do cadro de busca.

    Imagen no disponible

    Unha vez executada a busca os filtros ocúltanse. Se desexa volver visualizalos prema a opción Mostrar filtros avanzados.


  • Navegar por
  • A través deste tipo de navegación pódense consultar as listas dos distintos índices ordenados alfabeticamente.

    Imagen no disponible



    Imagen no disponible

    Pódese navegar por:

    • Autores
    • Títulos
    • Materias
    • Outras Materias
    • Niveis Educativos
    • Coleccións
    • Títulos de Revista



  • Descobre
  • Dende Descobre da barra de navegación lateral esquerda visualízanse índices dinámicos de Autor/Materia/Data.

    Imagen no disponible



  • Pódelle interesar…
  • Desde Pódelle interesar… accédese a recursos de Procomún afíns á procura realizada en Redined

    Imagen no disponible