Que é REDINED?

REDINED é unha rede de información educativa que recolle investigacións, innovacións e recursos producidos en España.

O seu obxectivo fundamental é recompilar a documentación educativa do noso país para facilitar a súa conservación, difusión e uso.

Desde a súa creación en 1985, recompila miles de referencias bibliográficas e documentos a texto completo.

Polo seu volume documental, REDINED é un instrumento imprescindible para a formación inicial e a actualización continua do profesorado e de gran valor para investigadores, alumnos e administradores da educación.


Que contén?

REDINED recolle unha ampla tipoloxía documental agrupada en cinco coleccións:

  • Investigacións: inclúe investigacións educativas tales como teses de doutoramento, teses, traballos fin de grao, traballos fin de mestrado, etc. producidos polas universidades españolas.
  • Innovacións: ofrece proxectos de innovación educativa e renovación pedagóxica, e outros materiais non publicados.
  • Recursos: agrupa materiais moi variados como guías ou manuais, actas de congresos, monografías, obras de referencia, material didáctico e outros documentos relacionados coa práctica docente.
  • Analíticas: inclúe artigos de revistas, capítulos de libros e relatorios.
  • Revistas indizadas: contén as revistas analizadas en REDINED. Están presentes as revistas educativas comercializadas de maior impacto científico e outras producidas por institucións como universidades, centros de profesores, fundacións, etc.

Quen fai REDINED?

REDINED creouse en 1985 como proxecto colaborativo. Son membros titulares o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Documentación e Publicacións e do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF), xunto coas consellerías ou departamentos de educación das comunidades autónomas que asinaron o convenio de adhesión ao proxecto.